A ABE volve a organizar unha edición especial da NOITE ABERTA este sábado 27 de novembro no que os ingredientes fundamentais serán os descontos, actividades na rúa e sorteos de agasallos.
Coma sempre os comercios ofrecerán importantes descontos durante toda a xornada e abrirán ata as 23:00 da noite.
24 establecementos participarán nesta iniciativa e estarán sinalizados coas bandeiras rosas da Noite Aberta.
O concello de Boiro programará actividades de animación itinerante polas rúas comerciais da vila co seguinte detalle:
ESPECTÁCULO: TEA DEUSA DA LUZ E DO SOL
HORARIO PASE 1: 18:30 HS
HORARIO PASE 2: 20:30 HS
Estreamos a Ruleta da Sorte da ABE
Os clientes que realicen as súas compras durante a xornada do sábado terán a posibilidade de acadar premios directos coa nova ruleta da sorte da ABE.
A ruleta estará situada na Rúa Pablo Iglesias dende as 18:00 e ata as 21:00 hs e cada tícket de compra dará dereito a realizar unha tirada coa que os clientes poderán gañar agasallos directos como; tazas, bolsas de algodón orgánico, golosinas, xoguetes ou vales de compra de 5€.
Solo serán válidos os tíckets do sábado 27 de novembro dos establecementos participantes nesta edición da Noite Aberta.
CONSULTA O FOLLETO DE OFERTAS